Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre o parking disuasorio de Vilavella con 110 prazas

parking

O aparcamento está opertativo dende a xornada de onte cando xa foron moitas as persoas que decidiron estacionar o seu vehículo neste espazo habilitado ao carón do Convento. A obra correu a cargo da empresa Narom S.L. e supuxo un investimento por valor de medio millón de euros. Esta actuación supón completar a transformación da Praza de Vilavella.

A estratéxica situación deste aparcadoiro disuasorio –xusto na entrada do centro urbano– busca desmasificar o estacionamento de vehículos que, diariamente, se produce nas beiravías da estrada. Este aparcadoiro complementará aos dous aparcadoiros libres existentes no casco urbano reforzados polo aparcadoiro soterrado da Xunqueira.

Logo de máis dun ano de obras, unha vez que a obra foi licitada en novembro do 2022, na xornada de onte os condutores xa puideron comezar a facer uso das 110 prazas coas que conta a parcela. Esta actuación forma parte do plan de transformación da Praza de Ponteareas, unha das principais vías de entrada ao casco urbano.

Remata así un longo proceso que arrancou coa compra da parcela de 4.000 metros cadrados situada a carón do convento de Vilavella, propiedade da firma Building Center e que supuxo un investimento de 449.350 euros dos que 416.226 euros foron achegados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019. Posteriormente,  con cargo ao Plan Concellos 2022, procedeuse a realizar o aparcamento en si que “permitirá dispoñer dun espazo próximo ao centro urbano e continuar coa transformación iniciada polo Goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía” segundo explicou no seu día a alcaldesa, Digna Rivas.

Supón ademais unha mellora estética nunha zona estratéxica de entrada á vila xa que neste punto conflúen as estradas que veñen dende Vigo e O Porriño, entrada tamén do Camiño Portugués e Camiño Portugués pola Costa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará