Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido máis madrugador vivirase en Soutomaior

entroido souto

Un total de 20 comparsas participarán este sábado no desfile do Entruido polo centro urbano de Arcade. Ademais das dúas agrupacións locais de ‘Moreira A Tope’ e ‘Miúdos’, participarán outras 17 chegadas de diversos concellos, como Rredondela, Marín, Ponteareas, Gondomar e Tomiño. O desfile estará completado pola comparsa municipal, que este ano recibirá o nome de ‘Comando Inxustizas’.
O sábado día 3 o tráfico cortarase na rúa do Calvario e na Avenida Xosé Solla dende as 16:30 horas e ata o remate do desfile. Ademais, tamén estarán cortadas as vías de acceso a estas dúas estradas, e o dispositivo de seguridade de Protección Civil e Policía Local encargarase de dirixir o tráfico e informar sobre os itinerarios alternativos.
Ao remate do desfile, na Alameda de Talo Río, procederase á lectura do pregón, a entrega de premios ás comparsas gañadoras e unha sesión de verbena a cargo da Discomóbil Dolcevita. A concelleira Rosana Martínez sinalou que toda a actividade do día 3 de febreiro integrarase dentro do programa ‘Soutomaior Inclusivo’, polo que as persoas e as familias adheridas a este poderán beneficiarse das vantaxes garantidas por este programa para desfrutar en igualdade de condicións que o resto de veciñanza e público asistente doutros concellos.
Programación para o domingo
O domingo, 4 de febreiro, tamén haberá actividade na Alameda de Talo Río, coa sesión vermú a cargo do grupo de canto de tabernas ‘Canta nas croas’, a partir das 12:30. Ademais, haberá un inchable para as e os máis pequenos pequenos (estas dúas actividades serán de balde). Por outra parte, na xornada do domingo habilitarase un espazo gastronómico con prezos populares.
Neste sentido, a concelleira de Comercio e Promoción Económica, Rosana Comesaña, sinalou que nos vindeiros días o Concello de Soutomaior anunciará o listado de bares e restaurantes adheridos á iniciativa ‘Entruido gastronómico’, dentro do programa ‘Eu quero local’. A iniciativa, dirixida á hostalaría e restauración local, ten por obxectivo elaborar unha guía gastronómica cun ‘Menú especial de Entruido’ de cada bar e restaurante adheridos. O Concello de Soutomaior publicará nos vindeiros días esta guía gastronómica para que toda a veciñanza de Soutomaior e doutros concellos poida degustar a variedade de produtos locais que o noso concello ofrece nesta época do ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará