Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo de Chapela cumpre 40 anos de éxitos

368449272_781538460644107_4449140414014232621_n

O club naceu no ano 1984 para facer regatas de traíñas polas festas do Carme e cunha embarcación cedida por Meira. Hoxe en día participan en regatas en todas as categorías e modalidades (traiñeira, trainerilla e batel) tendo representación feminina e masculina. Ao longo dos anos recolleron títulos de campións e bandeiras tanto a nivel galego como estatal.

Dende a directiva do club din celebrar o 40 aniversario “seguindo co traballo iniciado por un grupo de  amigos e veciños que decidiron fundar o Club para dar resposta á petición duns rapaces da vila que teimaban en competir en chalanas durante o verán”. Julio Prado, Presidente e activo na directiva dende fai 20 anos, agradece o traballo do ex-presidente Nandi e o actual tesoureiro Ángel aos que considera indispensables porque “a directiva ten que ser un equipo”.

Julio Prado, actual Presidente do CR Chapela.

Ata 2011 o club atopábase nas antigas naves dunha conserveira na praia de Arealonga, pero cambiaron a súa sede para ocupar unhas instalacións novas no mesmo lugar. As instalacións deportivas seguen sendo unha das maiores problemáticas, porque “preto do mar todos os locais son máis caros ao que hai que sumar o custe dos materiais”.

Julio Prado, actual Presidente do CR Chapela.

En 2016 estrearon a súa nova traiñeira, construída nos estaleiro Amilibia en Orio  (Guipuzcua) e feita con fibra de carbono. Este material innovador e revolucionario supuxo un dos maiores cambios na evolución deste deporte, porque “aínda que é máis barata, a madeira ten menor resistencia e calidade”.

Julio Prado, actual Presidente do CR Chapela.

A pesar da aportación significativa dos máis de 300 socios cos que conta o Club de Remo de Chapela, seguen necesitando de patrocinadores e o apoio das institucións como o Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Esta última encargada de xestionar a Liga Galega de Traiñeiras, considerada como un dos eventos máis importantes no remo e con máis visibilidade.

Julio Prado, actual Presidente do CR Chapela.

Contan con 178 remeiras e remeiros federados e compiten en tódalas categorías de banco fixo, destacando a embarcación sénior feminina que foron as primeiras campioas de España da historia ao gañar o I Trofeo Federación Española de Remo de Traiñeiras Femeninas en 2010. Tamén acumulan títulos de campións galegos e de España no resto de modalidades, sendo o máis recente o título de Campioas de España en Traiñeiras 2023.

Julio Prado, actual Presidente do CR Chapela.

A Bandeira da Concha, celebrada en Euskadi, considérase a ‘Olimpíada do Remo’ na modalidade de banco fixo. De feito, figura entre as tres competicións máis destacadas desta disciplina deportiva, xunto co Campionato de España e a liga Española de Remo, coñecida como Liga ACT ou Eusko Label Liga. Para chegar ata aquí hai que clasificarse nos dous primeiros postos da Liga Galega, sen embargo o CR de Chapela foi o único que conseguiu participar na Concha sen estar na ACT e incluso chegar á final.

Julio Prado, actual Presidente do CR Chapela.

Os obxectivos desta tempada son superar as marcas dos anos anterior, clasificarse dentro dos dous primeiros postos da Liga Galega de Traiñeiras e poder participar un ano máis na ACT. Nestes momentos, os de Chapela están na pretempada competindo en disntos memoriais por toda Galicia.  A Liga galega comeza o 10 de xuño, pero antes podemos ver en acción aos remeiros redondeláns no Memorial Paco Fenosa que se celebra o 3 de marzo en Chapela.

LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS 2024

LIGA A
1. SD Samertolameu
2. CR Ares
3. SD Tirán-Pereira
4. CM Castropol
5. CR Chapela-Wofco
6. CR Cabo da Cruz
7. CR Rianxo
8. CR Mecos
9. CCD Cesantes-Rodavigo
10. CR Narón
11. CR Puebla
12. Mugardos-A Cabana
 
LIGA B
1. CR Chapela-Wofco B
2. CRN Riveira
3. CR Salgado-Perillo
4. CM Bueu-Simei
5. CR Cedeira
6. CR Urme
 
LIGA F
1. CR Chapela-Wofco
2. Mugardos-A Cabana
3. CR Rianxo
4. Cesantes-Amegrove-Cefycal
5. CR Salgado-Perillo
6. CM Castropol
7. CR Cabo da Cruz
8. SD Samertolameu 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará