Hoxe é Domingo 12 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A reforma da Praza da Pedreira será o modelo a seguir na transformación do rural de Soutomaior

imaxe_infografía_proxecto_a_pedreira_2

Infografía de como quedará a Praza unha vez reformada

Esta actuación, que busca crear un núcleo de centralidade no barrio, estará licitada no primeiro semestre do ano e que dende o Goberno Local agardan iniciar os traballos neste 2024.

A Praza da Pedreira será a primeira actuación que levará a cabo o Goberno Local de Soutomaior para o proceso de transformación rural e urbana que ten proxectado para este mandato. Esta será, segundo anunciou o alcalde Manu Lourenzo “a primeira das moitas actuacións que se levarán a cabo nos distintos barrios do concello co fin de vertebralos e de poñer en valor a arquitectura e a paisaxe de Soutomaior seguindo modelos doutros concellos como podo ser Tomiño e Allariz”.

Con este proxecto de transformación rural e urbana búscase crear núcleos de centralidade nos barrio, vertebrar o municipio e conseguir espazos rurais e urbanos amables, pensado para as persoas, cun modelos de posta en valor do noso.

Este proxecto está realizado polo estudo de Cendón Vázquez arquitectos e dende o Goberno Local agardan licitar esta obra no primeiro semestre deste 2024 co fin de comezar os traballos neste ano.

Estas actuacións ademais de vertebrar o concello pretenden poñer en valor o patrimonio, o urbanismo tradicional do concello de Soutomaior, ao que o Manu Lourenzo destaca e lembra que “temos un concello marabilloso, cunhas posibilidades infinitas, e xa é tempo de que se poña en valor para que o espazo rural e urbano podan estar á altura do que merece a veciñanza”.

Imaxe actual de como está a Praza
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará