Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Triplete de prata para o CAR no Campionato Galego Máster

423716457_911211437674728_2224736657747814553_n

O Club de Atletismo de Redondela vén de recoller tres títulos de subcampións no Campionato Galego Máster en Pista Curta celebrado a fin de semana pasada en Expourense.

Antón Amoedo conseguiu o segundo posto na categoría M50 en 3000 metros (10:31.33), José Andrés Fervenza na categoría M55 en 3000 metros (11:27.12) e Ana Romasanta en F40 Lanzamento de Peso cun resultado de 5,01 metros.

Ademais, no mesmo espazo de Expourense, celebrábase tamén o Campionato Galego Absoluto en Pista Curta onde  Gael Couñago gañou a medalla de prata Short Track en Salto de Altura cunha marca de 1’87 metros.

Sen embargo, non todo foron alegrías esta pasada fin de semana para o CAR. O atleta Alex Alfaya lesionouse mentres disputaba a proba do 200 m na Competición Absoluta en Pista Curta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará