Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os instrumentos do pasado de Abraham Cupeiro chegan a Soutomaior

Abraham-Cupeiro

O músico ofrecerá un concerto na Igrexa de San Salvador o venres ás 19:00 horas. En horario de mañá o alumnado do CEIP Padín Truiteiro e do EIS de Soutomaior poderán gozar dos seus proxectos centrados na recuperación de instrumentos perdidos no tempo.

Abraham Cupeiro, o músico que resucita instrumentos milenarios, estará en Soutomaior con dous dos seus espectáculos. Destacado construtor e multiinstrumentista apaixoado pola recuperación de instrumentos perdidos no tempo, estudou trompeta no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e completou un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona. Como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro). Recentemente foi invitado para probar o Karnix de Tintignac, que é o único que apareceu enteiro (ano 2004).

Cupeiro recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles  dende a súa música ata música de hoxe día, e os mestura con formacións modernas.

Abraham Cupeiro chegará o venres 26 a Soutomaior con dous dos seus proxectos. Pola mañá estará ás 12.00 h. no CEIP Manuel Padín Truiteiro e ás 13:00 h. no IES de Soutomaior con Resoando no pasado  e xa pola tarde, ás 19:00 h. na Igrexa de San Salvador en Soutomaior ofrecerá, de balde, o directo do seu proxecto Os sons esquecidos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará