Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

100 anos do CD Arcade

414480814_702668365302944_7258858616660273562_n

O CD Arcade celebra esta tempada o seu centenario. En todo este tempo tiveron momentos mellores e peores chegando a conseguir xogar en Preferente. Agora atópanse en Primeira Galicia e dende que Miguel García é Presidente, estiveron ás portas de volver á categoría superior un par de veces. Nesta segunda volta decidirase se entran en play-off e se melloran a marca do ano pasado cando quedaron de quintos na liga.

Miguel García leva 16 anos en activo no club. É unha persoa cun amplo coñecemento da historia do Arcade e pasou polos momentos máis álxidos en Preferente. Fai 9 anos chegou á fronte da directiva e atopouse un sénior con dificultades e posicionado en Terceira Rexional. No tempo que leva como Presidente pasaron a Primeira Galicia, “gracias ao esforzo e implicación dos adestradores e técnicos”, porque para o el o segredo está “en manter ao club unido e que teñan boa relación”.

A pasada fin de semana conseguiron gañar ao Caldas nun emocionante partido que rematou cun resultado de 3 fronte a 4. Isto supuxo unha suba de 3 postos na clasificación xeral, situándoos de décimo primeiros. O administrador explica que “no medio da táboa os postos están moi axustados. Un só partido pode supoñer moitos cambios, porque están moi apertados os uns dos outros”.

O traballo da directiva é algo que a afección non ve regularmente, pero “moi importante para que todo funcione”. García destaca a labor do coordinador, Joaquín, ao que “agradece o seu esforzo, as horas dedicadas e a súa labor de unión entre equipos, categorías e adestradores”.

Esta tempada houbo lesións e baixas importantes como as de Mathus, Xoel e Fer quenes non poderán incorporarse este ano. Tamén houbo fichaxes como a de Malam Seide, nado en Guinea-Bisáu con nacionalidade portuguesa. O xogador ten experiencia no Cultural Areas onde conseguiu o ascenso a Terceira División, e no UD Atios onde chegou a xogar na Preferente Sur.

O CD Arcade conta cunha base en crecemento e ten 11 categorías federadas que suman 160 xogadores e xogadoras. Destaca o interese nas categorías Alevín feminino, Infantil feminino e Cadete feminino que “funcionan moi ben” e ás que dan todo o seu apoio para formar un equipo sénior feminino no futuro. Demandan a incorporación de novos vestiarios anexos para mulleres, porque “nestes momentos o espazo non chega” e hai que seguir avanzando na mesma liña que a canteira.

A seguinte xornada, domingo 28 de xaneiro, xogan na casa contra o CD Beluso. Os de Bueu atópanse en quinta posición, a 6 postos do Arcade, polo que promete ser un partido interesante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará