Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela reivindica unha nova ruta litoral do camiño de Santiago pola parroquia

arealonga

A Asociación de veciños organiza este sábado un acto divulgativo e reivindicativo que busca dar a coñecer este itinerario que percorrería o litoral e o centro urbano de Chapela dende Teis ata o Alto da Encarnación. Entenden que promover este percorrido sería moi beneficioso para a parroquia, xerando un incremento de turistas que se achegarían á zona. O sábado os participantes realizarán a etapa de 17 kilómetros entre Samil e a Alameda e sobre ás 17:00 horas pecharán o acto cunha merenda á que está convidada toda a veciñanza.

Un percorrido que conta innumerables atractivos para o camiñante xa que permite coñecer un litoral da ría “completamente impresionante”. Con esta actividades a Asociación de Veciños busca tamén poñer en valor unha parroquia que quere ser moitos máis que un barrio dormitorio.

Marcial Pérez, Asociación de Veciños Chapela

A petición concreta do colectivo veciñal é que se sinale este percorrido dando así aos camiñantes a elixir entre ir polo monte ou a carón do mar e que pase a formar parte dos trazados oficiais do Camiño de Santiago. Un tramo que confían poida ampliarse no futuro cun sendeiro que comunique Chapela co meirande e desemboque na Portela en Cedeira.

O percorrido do sábado sairá dende Samil pasando por Alcabre, Bouzas, Orillamar e avanzando polo litoral de Vigo ata achegar a Teis. O percorrido continuará ata entrar a Chapela pola praia de Arealonga subindo a continuación na Avenida de Vigo e rematando a etapa na Alameda cun acto participativo e de lecer ao que están convidados todos os veciños O presidente da Asociación, Marcial Pérez insiste en que este tipo de iniciativas repercuten de xeito positivo no comercio de na hostalaría local e confían en que os seus representantes, do mesmo xeito que os partidos políticos da corporación, asistan a este acto do sábado ás 17:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará