Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama que se reduza o impacto visual das pantallas acústicas na liña da alta velocidade

pantallas

Cualifican de “completamente desproporcionadas” as pantallas instaladas na zona de Torres Agrelo e A Pantalla en Cesantes onde o material empregado “totalmente opaco, de ata nove metros de altura, tronza visualmente o territorio creando un enorme balado que afecta a vivendas e propiedades lindantes”.

Unha pantallas acústicas que se están a instalar na liña do tren de alta velocidade do Eixo Atlántico ao seu paso por Redondela e que trae, segundo denuncian os nacionalistas “un novo impacto negativo para o concello”. Neste sentido, sinalan que “estas pantallas chegan ata os nove metros de altura, levantando un grande obstáculo cun enorme impacto visual para a contorna”. Consideran desproporcionada unha obra que nalgúns treitos convértese en obstáculos insalvables sumado ao trazado da liña férrea.

Ante a preocupación amosada por varios veciños da zona, nos pasados días membros da organización nacionalista desprazáronse ata o barrio e puideron comprobar o importante impacto visual ao tratarse dunha nova “fenda” na parroquia. O voceiro do BNG Xoán Carlos González apunta que “nalgúns puntos levántanse uns balados de ata nove metros de altura, mesmo onde o trazado vai uns dez metros por debaixo da cota das vivendas, polo que non serían necesarias”.

De igual xeito critica o tipo de materiais que se están a empregar, “que co obxectivo de abaratar custes evitan o uso daqueles que permitan unha mellor visión nesta zona”.

Nas súas propostas, que teñen previsto trasladar ao Congreso, formulan que se reduza o tamaño destas pantallas, xunto á utilización doutros materiais como o metacrilato “co obxectivo de mitigar as afeccións”. Lembran que ese cambio de criterio logrouse en Chapela coas pantallas da autoestrada  que “grazas á presión veciñal van ser moito máis integradas na paisaxe”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará