Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen vitorias no fútbol sala

pazosfs

O equipo da Sociedade Deportiva Pazos arrancou a segunda volta con derrota na súa visita ao campo do Sport Sala Culleredo. Na preferente derrota tamén para o Campito mentres o Redondela lograba salvar os mobles cun empate na casa ante os tudenses.

Terceira división

Culleredo 6-2 SD Pazos

Mal partido en liñas xerais dos de Pazos o que lles complica un pouco máis chegar á zona de play off. O encontro rematou cun 6-2 no marcador a favor dos locais. Os de Pazos descenden a novena praza e reciben na vindeira semana ao 5Coruña, sextos do grupo.

Preferente

Redondela Rodavigo 4-4 Quinta de Tui

Partido entre dous rivais directos que se saldou cun empate a catro tantos. Os de Rolan mediranse na vindeira semana contra un dos equipos fortes do grupo, o Bueu, situado na terceira praza.

Leis Pontevedra 4-1 Campito Chapela

O equipo de Chapela continúa nos postos baixos do grupo. Con tan só 7 puntos están situados na penúltima praza. Na vindeira semana reciben ao Marín, equipo forte situado na segunda praza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará