Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os amantes do cocido teñen unha cita esta fin de semana en Trasmañó

festa cocido

A parroquia de San Vicente de Trasmañó celebra a primeira festa do ano cun programa que se desenvolverá os días 20, 21 e 22 de xaneiro e que inclúe a XIII Festa do Cocido o vindeiro domingo. Unha cita gastronómica que permitirá aos asistentes degustar “a fartar” un cocido que se servirá nunha carpa climatizada atendida por profesionais da hostalaría. As festas arrancarán o sábado cunha concentración de vehículos clásicos as dez da mañá e actividades para os cativos en horario de tarde.

Ao redor de 300 persoas poderán gozar esta fin de semana dun completo cocido que se servirá na parroquia de Trasmañó na que é a XIII edición da Festa do Cocido. Unha cita máis que consolidada segundo explica o presidente da comisión Juan González, quen lembra que hai dous prezos, para adultos 28 euros mentres que os nenos pagarán 15 euros. A reserva pode facerse nas cafeterías Rodeo e Puerto Vieira, en Rande, e tamén nos teléfonos 663 176 951 e 670 884 419.

Juan González, presidente da Comisión de Festas

Unha festa que arrancará xa o sábado coa V concentración de vehículos clásicos onde se confía en reunir máis de cen vehículos “repetindo o éxito do ano pasado onde chegaron participantes de distintas partes da provincia así como de Ourense e do Norte de Portugal”. Un programa para todos os públicos que inclúe tamén xogos populares en horario de tarde a partir das 17:30 e verbena amenizada polas orquestras Compostela e Finisterre.

As actividades do domingo 21 comezará ás 13.00 horas cos actos relixiosos, e a continuación a sesión vermú amenizada polo grupo de padeireteiras Ledicia de Trasmañó. A degustación gastronómica comezará ás 14.00 horas e a música chegará s 18.00 horas co dúo Explosión, que será o encargado de amenizar a verbena.

O luns 22, celébrase o propio día de San Vicente con actos relixiosos a partir das 10:30 e sesión vermú a cargo dos gaiteiros de Foula.

Dende o Concello animan tamén a participar destas celebración agradecendo “aos veciños e veciñas que fan posible que estas celebracións parroquias se manteñan” e animando a toda a veciñanza a participar desta festa tradicional “e gozar da gastronomía tan nosa e típica deste tempo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará