Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco xogadores do C.C.R. Billar Chapela participan no XC Campionato de España

Captura de pantalla 2024-01-18 131522

O torneo estatal terá lugar nos salóns do Hotel Scala de Padrón (A Coruña) do 22 ao 28 de xaneiro. Asistirán un total de 165 os participantes de toda España. Xogadores de Andalucía, Asturias, Aragón, Baleares, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra, Valencia, País Vasco e Galicia que participa con 34 xogadores.

De Redondela participan 5 xogadores, a metade da plantilla do club de Chapela. Concretamente serán Rogelio Fortes, José M. Castro e Miguel Giovanny Ramírez, Adrián Davila e José Ramon Argibay quenes defendan o club e tenten gañar o titulo de campións de España.

Ademais da competición estatal, nestes momentos o C.C.R. Billar Chapela-Rodavigo participa na Copa Galicia de Billar a 3 bandas, competición que veñen de gañar o ano pasado. O sábado 20 xógase a quinta xornada en Chantada (Lugo) onde os de Chapela enfrontaranse ao Club de Billar A Carambola. Os representantes serán, Miguel Giovanny, Jorge Hermida, José M. Castro e Rogelio Fortes.

Polo de agora o C.C.R. Billar Chapela-Rodavigo sitúase no terceiro posto no Grupo Norte da Copa Galicia e de segundos na Segunda División Nacional. Se siguen escalando na táboa poderían repetir título de campións galegos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará