Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Manuel”, o barco da esperanza para centos de xudeus

restauración bote

O bote atópase nas instalacións do obradoiro de Emprego de Redondela

O bote de Faustino Otero Lino está xa nas dependencias do Obradoiro de Emprego de Redondela para a súa recuperación e posta en valor. Un traballo que realizarán os dez alumnos da especialidade de carpintería o que permitirá devolver ao seu estado orixinal unha embarcación cargada de historia e de simbolismo, xa que posibilitou que centos de xudeus fuxidos dos nazis salvaran a vida e axudou tamén a mellorar as condicións de vida dos presos de San Simón servindo de enlace entre os prisioneiros e as súas familias.

A historia deste bote remóntase a finais da década dos anos 30 do século pasado, cando é construído por encargo de Faustino Otero Lino nunha carpintería de Ribeira en San Adrián de Cobres para o seu uso en labores de pesca pero tamén de transporte de mercadurías.

A ocupación de Faustino como barqueiro levaríao a estar presente en feitos de gran transcendencia na historia do noso concello, tal e como relata Juan Migueles no seu blog Anecdotario Redondelán.

Así, foi o encargado de transportar víveres aos presos no cárcere de San Simón, recollendo a súa roupa que era lavada en terra e formando parte tamén dunha rede de solidariedade, xa que á súa casa da Portela chegaban paquetes e cartas que os familiares e amigos enviaban aos presos.

Con todo, este bote e o seu propietario terían tamén un papel relevante durante a II Guerra Mundial. A inicios dos anos 40, Faustino vai colaborar en secreto co doutor Eduardo Martínez, médico da Embaixada Británica e da Cruz Vermella. Unha colaboración que o levou a participar nunha arriscada operación que  “salvou dunha morte segura arredor de 30.000 persoas” trasladando co seu barco aos xudeus que chegaban á Portela ata os barcos británicos que permanecían fondeados na ría para o seu posterior traslado ao Reino Unido ou Portugal.

Faustino ensinaríalle todos os segredos da Ría de Vigo ao seu fillo, Faustino Otero Lino, quen participaría co bote “Manuel” nunha das moitas buscas dos tesouros da Batalla de Rande.

Unha historia de película para un bote que se atopa xa nas instalacións do obradoiro de Emprego. O alumnado da especialidade de carpintería de ribeira encargaranse da súa recuperación e posta en valor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará