Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior axudará á veciñanza a “censar” as súas galiñas

Free range chickens roam the yard on a small farm

Os servizos técnicos municipais prestarán axuda a aqueles propietarios que teñen unha explotación de autoconsumo e que están obrigados dende o pasado 1 de xaneiro a dar de alta estes galiñeiros para levar un mellor control sanitario. Así, todas as persoas con currais particulares en Soutomaior que o precisen poderán achegarse ata o Concello, onde lles axudarán a cubrir a documentación necesaria para realizar os trámites de xestión desa alta.

A orde da Xunta establece as normas básicas de ordenación de granxas avícolas e inclúe no seu ámbito de aplicación as explotacións de autoconsumo, como son os galiñeiros que perviven en moitas casas do rural. Así, segundo informa Medio Rural, “todo curral familiar de autoconsumo debe rexistrarse”.

Para facilitar estes trámites o goberno de Soutomaior ven de anunciar que axudará a toda a veciñanza que o precise para desenvolver os trámites que a Xunta esixe para dar de alta os galiñeiros particulares e lembran que a obrigatoriedade de rexistrar todos os galiñeiros particulares ten por obxectivo mellorar o control sanitario das aves de curral (galiñas, patos, ocas, pavos, pombas…).

Así, todas as persoas con currais particulares en Soutomaior que o precisen poderán achegarse ata o Concello, onde os técnicos municipais lles axudarán a cubrir a documentación necesaria para dar de alta os galiñeiros. Trámites que se poden facer tamén de xeito telemático ou na Oficina Agraria Comarcal de Porriño.

A concelleira de Medio Rural, Charo Bouzón, sinalou que “esta decisión de dar de alta os galiñeiros particulares non depende do Concello, pero que dende a administración local poñen a disposición os servizos técnicos e administrativos municipais para que todas as persoas propietarias de galiñeiros poidan dalos de alta e garantir que se cumpran todas as condicións de seguridade e sanidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará