Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rueda felicita a “Os Raios de Redondela” equipo gañador dunha medalla nas Olimpíadas Científicas de Tailandia

xunta ies

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, visita na mañá de hoxe o Instituto IES Illa de San Simón para dar os parabéns ao alumnado premiado na Olimpiada International Junior Science celebrada Tailandia. Unha visita ao centro educativo na que tamén estaba presente a alcaldesa, Digna Rivas.

“Os raios de Redondela” integrado por Carla Acosta, David Lago e Rubén Lago, alumnos do IES Illa de San Simón facíanse cunha medalla de bronce na Olimpiada científica internacional celebrada na primeira semana de decembro en Bangkok (Tailandia) onde, acompañados da profesora Tania Martínez, representaron a España fronte a outras 54 delegacións procedentes de todo o mundo.

Uns rapaces que recibían así as felicitacións da man do presidente galego quen destacou aos estudantes galegos como os mellores embaixadores que pode ter a comunidade no estranxeiro. Dirixiuse aos tres estudantes para darlles os parabéns, destacándoos como exemplo de que todo se pode alcanzar con tesón e compromiso.

Na súa intervención, Alfonso Rueda salientou os moi bos resultados alcanzados no último Informe PISA. Segundo os datos que se reflicten, os estudantes galegos son líderes en ciencias e en equidade a nivel nacional.

Tamén a alcaldesa Digna Rivas e os concelleiros Roberto Villar e Iván Valles trasladáronlles os seus parabéns ao alumnado “olímpico” así como aos seus compañeiros e o equipo docente e a directiva do IES “xa que son un verdadeiro un orgullo para Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará