Hoxe é Martes 12 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Bibliotecas celebran o Día dos usuarios coa entrega do premio “O reto lector”

reto lector

Un lote de libros é o premio que recibiu unha das usuarias das bibliotecas municipais logo de ter superado con éxito o reto lector, unha proposta que buscaba que os lectores se achegaran ao longo do 2023 a todo tipo de xéneros deixando de lado a súa zona de confort. Das 30 persoas que se inscribiron inicialmente superaron o desafío un total de 17, maioritariamente mulleres, e no sorteo final resultou gañadora Argentina Rodríguez.

Cada mes propúñase aos usuarios a lectura dun álbum ilustrado ou un cómic, un libro con ensinanzas positivas e inspiradoras, un libro que tivera adaptación cinematográfica, un libro de poesía ou de teatro e así ata doce propostas que remataron en decembro cun clásico literario.

Mª José Villar, biblioteca de Chapela

Non todas as persoas que se anotaron no reto lograron superalo. Si o fixeron 17, entre elas Argentina Rodríguez que foi a afortunada que resultou gañadora do sorteo facéndose así cun lote de libros.

Un reto con premio
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará