Hoxe é Martes 29 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vilar do Mato avanza cara á regularización urbanística tras décadas fóra do planeamento

vilar do mato

O pleno do Concello deu luz verde á aprobación provisional da modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento para delimitar como núcleo rural a zona de Vilar do Mato, en San Martiño de Ventosela. A modificación afecta a máis dunha vintena de familias que viven nun asentamento poboacional anterior ás propias Normas Subsidiarias, aprobadas en 1987, pero que quedou clasificado como solo rústico. Unha situación que, durante anos, xerou inseguridade xurídica para os propietarios das vivendas.

O concelleiro de urbanismo, Antonio Cabaleiro, explicaba de onde xurde o problema que a través desta modificación urbanística se tenta solucionar.

Antonio Cabaleiro, PSOE

A proposta chega despois dunha longa tramitación e responde a mobilización da propia veciñanza, que recompilou documentación histórica para demostrar a existencia do asentamento xa décadas antes da aprobación do planeamento.

Desde AER puxeron o foco precisamente no papel dos veciños e na súa capacidade para impulsar a solución a un problema urbanístico que afecta directamente ás súas vivendas “mergullándose en documentación que avalara a súa demanda”.

Roberto Villar, AER

O BNG destacou tamén a mobilización veciñal e o carácter histórico do asentamento “tal e como así o demostran os informes técnicos das diferentes administracións”. Xoán Carlos González explicou que a modificación permitirá adiantar a ordenación urbanística da zona, á espera da aprobación do futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Xoán Carlos González, BNG

O Partido Popular lembrou que, segundo a documentación achegada polos afectados, Vilar do Mato xa existía como núcleo poboacional nos anos cincuenta e criticou que non fose recollido posteriormente nas Normas Subsidiarias “deixando aos vecinos durante décadas en situación de bloqueo urbanístico e inseguridade xurídica”. Os populares aproveitaron o debate para reclamar ao goberno municipal avances na tramitación do PXOM.

Javier Bas, PP

A modificación puntual permitirá, deste xeito, regularizar a situación urbanística das vivendas afectadas sen ter que agardar á aprobación definitiva do Plan Xeral.

Desde o goberno municipal, Cabaleiro respondeu as críticas do PP asegurando que “a tramitación do PXOM continúa avanzando” e negou que estea paralizada. Explicaron que a aprobación dun plan xeral é un procedemento complexo que pode prolongarse durante anos –de media entre 8 e dez anos- especialmente polo número de alegacións e polas diferentes administracións que interveñen no proceso.

O goberno sinalou que o PXOM acumula arredor de 1.300 alegacións que deben ser estudadas e respondidas, polo que non avanzou ningún prazo concreto para a súa aprobación.

Mentres tanto, a modificación puntual de Vilar do Mato permite dar unha resposta específica á situación deste núcleo e achega unha solución urbanística para as familias afectadas, sen ter que esperar á conclusión dun procedemento moito máis amplo como é o Plan Xeral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará