Hoxe é Martes 17 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos impónse no derbi ante o Redondela FS nun partido de máxima emoción

905457109_1837774414058448_7365841453749412531_n

Terceira División Nacional

S.D. PAZOS DE BORBÉN F.S. 5 – 4 REDONDELA F.S. RODAVIGO

O derbi entre o S.D. Pazos de Borbén FS e o Redondela FS Rodavigo resolveuse cunha axustada vitoria dos locais (5-4) nun encontro vibrante, con alternativas no marcador e emoción ata o último minuto. Os dous equipos ofreceron un auténtico partidazo no que os redondeláns estiveron moi preto de levar os puntos.

O partido comezou moi costa arriba para o Rodavigo, que aos oito minutos xa perdía por 3-0. Lonxe de baixar os brazos, o conxunto redondelán reaccionou e protagonizou unha gran remontada para igualar o encontro (3-3) antes do descanso. Nada máis comezar a segunda metade, os visitantes conseguiron completar a remontada e colocarse por diante cun 3-4.

Porén, o Pazos non deu o partido por perdido e conseguiu establecer o empate (4-4) cando xa quedaba pouco tempo para o final. A dous minutos da conclusión chegou o tanto definitivo dos locais, que fixeron o 5-4 e deixaron sen premio o esforzo do Redondela.

Simón, autor de dous tantos, foi un dos protagonistas do Pazos, que completou a súa conta goleadora con goles de Costas, Jacobo e Luis. No conxunto redondelán anotaron Mario, Alejandro, Javier e Carlos.

A pesar da derrota, o Redondela FS mantense na quinta posición da clasificación con 19 puntos, mentres que o Pazos ascende ata o sétimo posto con 18 puntos.

Na próxima xornada, o Pazos de Borbén visitará ao Marín Futsal, mentres que o Redondela FS xogará na casa fronte ao Sala Ourense 2014.

Categoría Preferente

CAMPITO CHAPELA F.S. 5 – 2 REDONDELA FS – SAMOA CAFÉ & TAPAS “B”

O Campito Chapela FS impúxose por 5-2 ao filial do Redondela FS no derbi da categoría Preferente, nun encontro no que o conxunto local levou a iniciativa desde os primeiros compases e acabou facendo valer o seu dominio para quedar cos tres puntos.

Con este resultado, o Campito sitúase na quinta posición da táboa. Na próxima xornada terá que desprazarse para medirse ao Pizarras Los Tres Cuñados FS. Pola súa banda, o Redondela FS – Samoa Café & Tapas “B” recibirá ao Crecentense FS coa intención de recuperar sensacións e volver sumar.

Primeira Galicia

C.D. BEADE “B” 1 – 9 AREALONGA FS CHAPELA

Gran xornada para o Arealonga FS Chapela, que asinou unha contundente vitoria por 1-9 na súa visita ao CD Beade “B”. O conxunto de Chapela amosou a súa superioridade durante o encontro e regresou cunha goleada que lle permite situarse na segunda posición da clasificación.

Na próxima xornada, o Arealonga FS Chapela volverá xogar diante da súa afección, onde recibirá ao CD A Paz coa intención de dar continuidade a esta boa dinámica e manterse nos primeiros postos da clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará