Hoxe é Luns 28 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade renova os seus accesos cunha nova rotonda na N-550 que será realidade no vindeiro ano

rotonda arcade

A actuación, cun investimento inicial superior aos 436.000 euros, permitirá transformar un dos principais accesos a Arcade, mellorando a seguridade viaria, a circulación e a integración desta estrada coa contorna urbana. As obras están previstas para ser executadas ao longo de 2027.

Soutomaior vén de recibir a confirmación do Ministerio de que a rotonda da Feira se licitará en 2026. A transformación da N-550 na entrada sur de Arcade, cara a Redondela, contará cun investimento de máis de 436.000 euros. Está previsto que as obras se executen ao longo de 2027.

O proxecto contempla unha transformación da vía, incorporando elementos que permitan unha convivencia máis segura entre o tráfico rodado e os usos urbanos. Entre as actuacións previstas destaca a creación da rotonda da Feira, así como a incorporación de elementos vexetais e espazos destinados a favorecer unha mellor integración da infraestrutura coa contorna, incluíndo un carril bici.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, amosou a súa satisfacción pola confirmación recibida polo Concello e destacou a importancia desta actuación para o futuro de Arcade. Subliñou que a actuación permitirá abordar unha das principais demandas do Concello respecto deste ámbito da N-550: mellorar a seguridade viaria e adaptar o tratamento dunha estrada de alta capacidade a un espazo no que existe unha importante presenza residencial e urbana.

O proxecto foi redactado pola empresa Enurcoin e, segundo o Concello, responde á necesidade de transformar progresivamente este acceso para conseguir unha entrada a Arcade máis segura, amable e integrada coa vila.

Desde o Goberno local destacan que a actuación permitirá tamén conseguir un tráfico máis fluído e dinámico neste punto da N-550, ao tempo que mellorará as condicións de seguridade para as persoas usuarias da vía.

A rotonda da Feira constitúe así a primeira fase dunha transformación que o Concello considera estratéxica para a entrada sur de Arcade, avanzando cara a un modelo de acceso no que a infraestrutura viaria estea mellor integrada co espazo urbano e coas necesidades da veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará