Hoxe é Luns 28 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova edición do Tropa Creativa,  club de arte para a rapazada na Biblioteca Xela Arias

tropa creativa

A iniciativa está pensada para rapaces e rapazas que teñan entre 8 e 12 anos de idade. A actividade, organizada dende as Bibliotecas municipais estará impartida pola ilustradora Noa L. Lorenzo. A cita será unha vez ao mes en horario de 18:00 a 19:30 horas nas instalacións da biblioteca de Chapela no Multiúsos do Piñeiral. A primeira das xuntanzas será o 20 de outubro.

A actividade bautizada como “tropa creativa” permitirá aos asistentes coñecer movementos artísticos, curiosidades da historia da arte, artistas… e facer as súas propias propostas artísticas. Un club no que rapaces e rapazas atoparanse para xogar e divertirse a través da lectura, da arte e da creación artística.

Para participar compre inscrición previa no teléfono 986-454-226, en horario de luns a venres, de 16:00 a 21:00 horas ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal

O club de arte celebrará a súa primeira sesión o 20 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará