Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno extraordinario a petición do PP para abordar as “irregularidades nos obradoiros de emprego”

pleno

O Multiúsos da Xunqueira acollerá o martes 23 unha sesión plenaria extraordinaria, logo de que así o solicitase o grupo popular para o debate de dúas mocións. Unha delas versa sobre as supostas irregularidades na execución dos programas de emprego que ao entender dos populares non están a cumprir os principios de publicidade, concorrencia e transparencia esixidas na convocatoria o que supuxo que moitas persoas interesadas non puideran acceder a estes obradoiros dotados cunha subvención da Xunta de preto dun millón de euros. O segundo dos puntos abordará a situación da lei do litoral, aprobada polo parlamento galego o pasado 4 de xullo.

O Grupo Municipal do PP explica que os dous obradoiros de emprego permiten a formación en alternancia coa práctica profesional dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional de persoas desempregadas no concello de Redondela, con todo “as irregularidades detectadas” impiden que esta formación se desenvolva como debería.

Así, denuncian que no primeiro destes obradoiros, o chamado Redondela Tic III cunha subvención da xunta de 424.836€ para a contratación de persoas mozas para a especialidade de Deseño gráfico para a comunicación e 8 para especialidade formativa de Hostalería o PP xa indicou que non se lle estaba a dar a publicidade necesaria para que os mozos e mozas da nosa vila coñeceran cómo podían inscribirse e anotarse ó mesmo. Posteriormente  alertaron de que os participantes levaban un mes sen profesor titular, sen local apropiado nin homologado apra desenvolver a súa formación práctica situación que empeoraría coa renuncia tanto do director do programa como do docente na especialidade de servizos de bar e cafetería.

No que respecta ao segundo obradoiro “Redondela máis que bela IV”, dotado con 531.046€ para a contratación de 20 alumnos traballadores, aseguran que recibiron “denuncias e reclamacións interpostas polos aspirantes tanto polo tipo de proba realizada, como porque moitas persoas non puideron inscribirse na oficina de emprego, ou ben non tiveron a oportunidade de decatarse pola falla de publicidade, ou mesmo porque foron chamados nunha segunda convocatoria de xeito cando menos “inesperado”.

Dende o Grupo popular considerase que non se está a cumprir os principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, e transparencia, así como a eficacia esixidos polas convocatorias do proceso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará