Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos amosa a súa preocupación pola “pasividade” do goberno á hora de negociar os orzamentos

pazos

Os nacionalistas aseguran que souberon pola prensa da intención do alcalde, Luciano Otero de querer aprobar os orzamentos e critican que logo dese anunciou tiveron que esperar ata finais de decembro para recibir do goberno local o borrador deste documento económico. Lembran que para aprobar un orzamento Alternativa Veciñal precisa do indispensable voto a favor do BNG.

O voceiro municipal Xurxo P. Besadío salienta que “ parece que o alcalde está máis preocupado de lanzar informacións erróneas a veciñanza e saír en notas de prensa que en aprobar uns orzamentos”. Aseguran que o borrador do documento chegou a mans dos nacionalistas vinte días máis tarde da nota de prensa na que o alcalde anunciaba a súa intención de aprobalos antes de concluír o ano e critican que aínda non se concertase ningunha reunión formal para falar de propostas.

Dende o BNG continúan agardando a convocatoria dunha reunión para trasladar as súas propostas ao respecto deste tema e insisten en que “se Luciano Otero pretenden contar co apoio do BNG para

a aprobación dos orzamentos municipais débense sentar a falar e negociar co grupo que lle deu a alcaldía”. Dende a organización Nacionalista mostran a súa preocupación xa que actualmente estase a traballar cuns orzamentos prorrogados do Partido Popular os cales non permitiron facer fronte as subvencións dos colectivos culturais e deportivos e temen que isto poida repetirse. Acusan ao Otero de estar a gobernar cunha “falta absoluta de diálogo, pola imposición e pola prepotencia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará