Hoxe é Domingo 12 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As redondelás Antía, Sabela, Noa, Adriana e Daniela subcampioas de España coa selección galega infantil feminina

infantil feminino

As cinco rapazas procedentes dos clubs Balonmán Chapela, As Choqueiras e Sar formaron parte da selección galega que durante a última semana disputou o campionato de España celebrado en Cataluña. A infantil feminina caeu derrotada ante a federación anfitrioa por 25-18.

Todo o esforzo destas rapazas non foi suficiente para superar a unha Cataluña con velocidade e ritmo dende o primeiro momento. Un encontro que xa no minuto 10 deixaba vantaxe para as catalás que se impuñan por 8-4. Malia os intentos das galegas, nada cambiou contra unhas locais que avanzaron cara un ouro que non deixaron escapar. Con todo, unha máis que meritoria prata para un equipo no que había unha importante presenza redondelá con cinco rapazas da vila: Antía, Sabela e Noa do Balonmán Chapela, Adriana de As Choqueiras de Redondela e Daniela do Club SAR BM .

Tamén disputaron a final o equipo xuvenil masculino que caeu ante Castela por 47-44 mentres que o equipo xuvenil feminino caeu por 33-29 ante unha Navarra que soubo sobrepoñerse, e darlle volta ao marcador, acadando a vitoria nos últimos minutos.

Pola súa banda os equipos infantil e cadete masculino quedaron na sexta praza mentres que a selección cadete feminina logrou a medalla de bronce tras vencer a Murcia por 30-35.

En definitiva, un Campionato de España de Selección territoriais (CESA) no que Galicia amosou unha gran competitividade, clasificando catro dos combinados para cuartos de final e facéndose con dúas medallas de prata e unha de bronce.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará