Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O XXX aniversario do Pazos FS culmina cun Torneo de Nadal para a base

395423366_1001133421055889_325229779717947706_n

O torneo de Nadal da base celébrase o sábado 30 e servirá para despedir o ano e como cume do XXX aniversario do club. O Pavillón Municipal de Pazos de Borbén acollerá de 9:00 h da mañá a 21:30 h da noite a 30 equipos das categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín. Isto tradúcese nun total de 300 nenos e nenas xogando e demostrando a boa relación entre os clubs da contorna.

Para entrar no pavillón haberá que entregar 1 quilo de alimentos non perecedoiros que doarán a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén. O ano pasado recolleron máis de 200 quilos e este ano esperan superar esa cifra, podendo chegar aos 300 quilos. O Presidente, Manuel ferreira, explica que “unha vez remate o torneo o goberno local será o encargado de repartir estes alimentos as persoas máis necesitadas do municipio”.

Entre os clubs participantes atópanse o Chapela CF Original Campito Chapela F.S. Grupo Casa Paco 81 Redondela FS AXD VERDUGO Santiaguino De Guizan A Paz Futbolsala A Quinta de Tui Futsal Treboada  F.S. San Salvador de Teis. Os anfitrións estarán representados por unha extensa base froito do crecemento do club. Contan con 60 nenos e nenos nas categorías inferiores, aos que coidan “porque o Pazos é moi familiar. Moitos dos adestradores son xogadores do club titulados e teñen claro que a canteira é  o futuro”.

Os partidos terán unha duración limitada a 12 minutos dentro das posibilidades que ofrece a xornada. Ferreiro entende que “teñen que ser partidos curtos para que de tempo a que xoguen todos” e engade que “para facilitar a organización” os biberón e prebenxamín xogarán campo a través .

Unha vez rematada a competición todos os nenos e nenas recibirán unha medalla sen distinción. A intención é que leven un recordo, porque “saben que nesas idades a ilusión é o máis importante”. Para amenizar haberá un catering para os participantes cortesía da Concellería de Educación de Pazos.

Dende a directiva agradecen a colaboración dos patrocinadores habituais , que “sen eles o torneo non sería posible”, e ao Concello de Pazos de Borbén,  Xunta de Galicia e Deputación Pontevedra por contribuír ao bo funcionamento do evento. Ademais dos partidos, haberá un sorteo de artigos doados pola Federación Galega de Fútbol, como balóns e mochilas, aos que se opta a través da compra de rifas na entrada do pavillón.

O sábado día 30 o Pazos FS despídese do 2023, ano no que celebraron o XXX aniversario, nunha posición cómoda para o equipo sénior que se atopa de sexto na táboa. O obxectivo de cara a 2024 sería chegar aos primeiros postos e se é posible repetir o título de campións en Terceira División.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará