Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno impulsará o transporte interparroquial tras aprobarse a moción presentada polo PP

autobueses

Redondela solicitará á Xunta a creación dunha liña de transporte insterparroquial tras saír adiante unha moción presentada polos populares e apoiada polo BNG na que formulan a posta en marcha de novas liñas de autobús a través dun Servizo de Interese Municipal (SIMU) en convenio coa Xunta de Galicia. O goberno local- PSOE e AER- votaron en contra por entender que é a Xunta quen debe asumir estas competencias e tras asegurar o concelleiro de ensino, Iván Valles, que están a traballar noutras alternativas que darían solución tamén ao transporte escolar.  

O voceiro do PP, Javier Bas defendía a posta en marcha dun convenio coa Xunta a través do SIMU como xa fixeron outros concellos (Pontevedra e Nigrán) que permitiría a posta en marcha dun trasporte interparroquial fixando dende o concello as liñas e frecuencias máis axeitadas para a veciñanza. Lembraba tamén que este convenio “permitiría gozar dos beneficios da Tarxeta de Transporte Metropolitano cun menor custe e con gratuidade nos transbordos ademais de ser de uso gratuíto entre a mocidade”.

Javier Bas ,PP

Entre os acordos que saíron adiante atoparíase tamén instar á Xunta a que o transporte escolar dea servizo ao alumnado de ensinanza non obrigatoria así como a asinar un convenio co sector do taxi mentres a ese alumnado non se lle garanta nos autobuses que actualmente realizan o servizo.

Acordos da moción

O PSOE votou en contra porque “as cousas que solicita o PP xa están en marcha ou en trámite” e criticando que se pretenda que os concellos teñan que asumir responsabilidades que lles corresponden a Xunta como é o transporte escolar.

Iván Valles, PSOE

Dende AER cualificaron a moción dos populares de “despropósito político” e os acusaron de tentar enganar a xente cando “a única responsabilidade no caso do transporte escolar sería da Xunta que tería que poñer tres autobuses máis para atender a demanda”. No caso de querer mellorar o trasporte interparroquial entende Roberto Villar que primeiro haberá que facer un estudo de mobilidade para coñecer as necesidades reais da veciñanza.

Roberto Villar, AER

Si contou o PP co apoio dos tres concelleiro do BNG, quen malia apoiar a moción si criticaron que deixa fóra ao alumnado de infantil e que a Xunta delegue as súas competencias nos concello. Criticaba Jessica García que dende o goberno local tampouco se estean a cumprir os compromisos adquiridos polas familias dos rapaces e rapazas que non teñen garantido o transporte escolar.

Jessica García, BNG
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará