Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de ano adiantado en Chapela e Redondela

verbena 31

As verbenas serán as protagonistas na noite de hoxe e mañá con dúas citas que serven para despedir o ano de xeito adiantado. Así o concerto de pre fin de ano celebrase en Chapela por primeira vez, hoxe venres ás 22.00 horas coa orquestra Olympus no paseo martítimo. En Redondela será o sábado tamén ás 22.00 con París de Noia no Campo da Feira. Voluntariado das asociacións Da Man, Cáritas Redondela e Asociación contra o Cancro repartirán uvas entre o público e recollerán donativos dos asistentes.
Os máis pequenos tamén terá a súa celebración previa de fin de ano do domingo 31 ao mediodía. A Praza da Constitución en Redondela e a Alameda Rosalía de Castro de Chapela serán escenario destas Festas Infantís de Fin de Ano. Haberá música, xogos e moitas sorpresas para que a rapazada poida despedir o 2023. Ámbalas dúas festas terán lugar entre as 11 e 13 horas coa Coca Simona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará