Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gran chocolatada para celebrar o XI Cabeiriño Solidario do Arealonga FS

414664497_3660581784198487_5437514604175299626_n

Os partidos benéficos da base celébranse os días 29 e 30 de decembro, na instalación do Pavillón Municipal de Chapela “Manuel González Soto” . Organizadores e participantes, intentarán reunir o máximo número de alimentos non perecedoiros para Cáritas, destinados ás familias máis necesitadas do municipio. Recollerán dous quilos por persoas e estiman unha doazón  media de 500 quilos en función do número de asistentes que suman case 400 xogadores contando as categorías participantes e os pais e nais que tamén terán a súa propia competición amistosa.

Dende a directiva entenden que “a solidariedade é un sentimento de unidade que nos move a dar sen esperar recibir nada a cambio.  É a base de moitos valores humanos que adquirimos dende pequenos e que combinan o que somos: lealdade, compañeirismo, empatía, amizade, amor, respecto” e este precisamente é o obxectivo do torneo.

Esta é a undécima xuntanza solidaria que organiza o Arealonga e coma todos os anos intentan escapa do competitivo para transformar o día nunha xornada de convivencia. Participan o Redondela FS, Marín Futsal, ED Poio FS, CVC Valladares e o CD Gran Peña FS  das categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil. Os máis pequenos levarán cada un unha medalla de recordo para casa e os infantís un trofeo, sen importar os resultados.

Presidente e adestrador, Iván Vázquez.

Durante a competición haberá sorpresas como a subasta de camisetas oficiais, do Celta e da Selección Española, un sorteo dunha cesta de Nadal e unha gran chocolatada para todos os equipos da que poderán disfrutar entre partidos. A novidade de este ano é a implicación dos familiares que participan a través dun mini-torneo por equipos divido en dúas tandas, unha para os homes e outra para as mulleres. En total son 100 pais e avós e 90  nais e avoas implicadas  neste evento solidario.

Presidente e adestrador, Iván Vázquez.

Coa intención de recadar máis alimentos non perecedoiros porán, o día 30, a disposición do público unha gran chocolatada con máis de 150 quilos de chocolate e 300 churros donados por Que churros! Para quen queira participar na doazón.

Presidente e adestrador, Iván Vázquez.

Dende o Arealonga FS, agradecen o apoio do Concello de Redondela, dos seus patrocinadores e colaboradores, das entidades deportivas participantes: Redondela FS, Marín Futsal, ED Poio FS, CVC Valladares y CD Gran Peña FS, así como da asociación Cáritas pola súa distribución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará