Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de ano ‘tranquilo’ en Redondela termina con dúas pelexas

414887309_692582543010077_1849942534777427284_n

A noite de Fin de Ano en Redondela transcorreu sen altercados ou sucesos de gravidade, salvo por dúas pelexas puntuais sen maior transcendencia.

Unha delas foi no bar Luada, onde unha panda de rapaces enfrontáronse baixo os efectos do alcohol e un deles acabou cun botellazo. Dende a policía local explican que a vítima do golpe cunha botella de cristal non sufriu danos importantes e non tivo que ser atendido en ningún centro médico da zona.

Observouse tamén outra liorta en Chapela, na Av. de Vigo 111 preto do bar O Piñeiro, onde unha muller de 48 anos apareceu ensanguentada e tiveron que levala ao hospital Álvaro Cunqueiro. Descoñécense as causas do incidente, pero a policía local sospeita dun enfrontamento entre coñecidos da vítima e a súa parella. A noite continuou coa normalidade que supón unha data sinalada como é o 31 de decembro. Dende a Policía Local sinalan momentos puntuais como a intervención dunha patrulla na discoteca Diva para axudar a botar do lugar a un home con actitude violenta.

Os axentes locais destacan a unha investigación aberta a  un condutor por un presunto delito contra a seguridade viaria que se remonta a noite anterior. O condutor circulaba malia ter suspendido de xeito temporal o permiso de conducir e foi sancionado ademais por dar positivo nas probas de alcoholemia e de drogas e por circular sen a ITV e o seguro obrigatorio. Os axentes deran o alto a un vehículo que circulaba pola Av. de Vigo en Chapela a unha velocidade elevada para as características da vía e cuxo condutor tamén foi sancionado por arroxar un resultado positivo nas probas de alcoholemia.

Lembra que se consumes alcohol, non conduzas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará