Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén lanza un programa de compostaxe para reducir os residuos

pazos

O concello porá en marcha actividades educativas, talleres prácticos e contedores de compostaxe comunitarios para facilitar que a cidadanía se sume a unha práctica que era habitual no pasado pero que foi diminuindo co paso dos anos o que supón un maior custe para as arcas municipais e un prexuízo para o medio ambiente.

O Concello de Pazos de Borbén anuncia unha nova campaña para promover a compostaxe no municipio e lembrar aos residentes a importancia de reducir os residuos orgánicos e devolver nutrientes á terra. Un práctica que se realizaba de xeito natural historicamente pero que foi desaparecendo co paso do tempo.

A campaña centrarase na concienciación e educación dos residentes sobre como implementar o compostaxe nos seus fogares e negocios. Proporcionaranse recursos educativos, talleres prácticos e contedores de compostaxe comunitarios para facilitar a transición cara a prácticas máis sostibles. O goberno local convida a todos os cidadáns a unirse a esta iniciativa e participar activamente na construción dun entorno máis saudable e respectuoso co medio ambiente.

“Recuperar as nosas raíces sostibles é crucial para construír un futuro máis verde e saudable para Pazos de Borbén”, declarou o Alcalde Luciano Otero. “O compostaxe non só reduce a cantidade de residuos enviados a vertedoiros e, en consecuencia, os gastos do Concello, senón que tamén enriquece a nosa terra, promovendo a agricultura sostible e mellorando a calidade de vida para todos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará