Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A I San Silvestre de Soutomaior reunirá máis de 450 corredores para despedir o ano

sa nsilvestre

Todo preparado no Concello de Soutomaior para unha cita deportiva que reunirá este sábado máis de 450 participantes. Unha cita enmarcada na programación de Nadal e na que se inclúe tamén un percorrido adaptado para persoas con diversidade funcional. Haberá premios aos primeiros clasificados e aos mellores disfraces.

A carreira, que se celebrará este sábado día 30 forma parte do Nadal das Persoas en Soutomaior e está destinada a todos os membros da familia. Así, poden participar todas as persoas maiores de 14 anos e menores desa idade sempre que vaia acompañados dun adulto. Unha carreira solidaria na que se recollerán alimentos non perecedoiros o mesmo día da proba que logo se destinarán ás persoas máis vulnerables, repartidos por Cáritas Arcade e de Soutomaior e inclusiva porque responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada corredor. Así, as persoas con diversidade funcional poderá realizar un percorrido especial de aproximadamente 180 metros e haberá outras medidas de apoio como unha cadeira adaptada, prestada pola Deputación de Pontevedra. A distancia da carreira xeral de 2km, aproximadamente, nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico.

Será unha carreira onde non haberá́ clasificación de chegada, agás os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres que terán o seu premio vencellado co mundo do deporte, tamén haberá 2 premio ao mellores disfraces infantís, ata os 10 anos, 2 premio ao mellor disfrace xuvenil, de 11 a 17 anos, 2 premios a mellor disfrace de persoas adultas e 2 premio ao mellor disfrace colectivo. A maiores, para todas as persoas participantes daráselle unha tarxeta de desconto 5€ en sesión de adestramento persoal ou dietética con Lidia Mariño.

Na xornada do 30 de decembro haberá actividades abertas a todo o público que queira practicar divertirse ou quentar, na Alameda de Talo Río, sen ter que inscribirse. O obxectivo é animar e dar ambiente e preparase para correr. Para isto ás 16.00 h terá lugar a Masterclass ZUMBA a cargo de AnimaOcio Miúdos, ás 16.30 h Masterclass bailes variados a cargo de Lucy Salsarrica  e ao finalizar haberá unha festa amenizada pola Disco Móbil DJ en Talo Río

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará