Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CD Cesantes despide o ano celebrando o I Trofeo Memorial Carlos Iglesias

298687572_417517840357812_5089253616190417975_n

A competición terá lugar o sábado 30 de decembro entre as 16h e as 20h da tarde no Campo Municipal da Gándara e enfrontará o equipo Sénior do club redondelá contra o Gondomar Futbol Base.

Esta é a primeira vez que se fai o evento coa intención de homenaxear a Carlos Iglesias ou “Charlie”, marido da famosa ex-presidenta do club Josefa “A Corencha”. Ambos traballaron máis de 30 anos facendo crecer o club. Dende a directiva, Isaac Otero, explica que este é un momento “importante e emotivo” algo que estaban desexando facer fai moito tempo.

Isaac Otero

Ademais do partido están previstas outras actividades como a presentación dos diferentes Equipos e categorías do CD Cesantes. Estarán presente os 70 nenos e nenas da base así como o resto da plantilla xunto co equipo sénior que se atopa nunha situación complicada en segunda rexional, ao bordo do descenso.

“A Corencha”. será a encargada de iniciar a xornada. Farán un corredor e ela será a que executará o saque de honra acompañada polos seus fillos. A ex-presidenta recibirá un agasallo floral en agradecemento o seu esforzo e implicación. Tamén está organizado un xesto solidario coa recollida de xoguetes de Nadal que serán entregados a Cáritas e un sorteo dun lote de ibéricos doado por IMPERNOROESTE S.L.L.

O CD Cesantes leva 40 anos de traxectoria e foi crecendo co tempo ata acadar tódalas categorías e conseguir o ascenso de terceira rexional a segunda rexional en 2018. Para Otero o momento que está vivindo o club era algo impensable fai anos e síntese “orgulloso” de formar este ano por primeira vez o equipo de Veteranos.

O I Trofeo Memorial Carlos Iglesias servirá de homenaxe a unha figura moi importante para o club, pero tamén para reunir a tódalas categorías nun evento solidario e demostrar a boa relación co resto de clubs da contorna. Este ano está invitado o Gondomar Futbol Base e o partido celebrarase ás 17:30 horas dentro da programación da xornada o día 30 no Campo Municipal da Gándara.

HORARIO:

16:00 apertura de portas e inicio da recollida de XOGUETES.

16:30 Inicio d a presentación dos diferentes Equipos.

17:30 Inicio do partido CD Cesantes VS Gondomar FB

18:30 Sorteo dun magnífico lote de ibéricos doado por IMPERNOROESTE S.L.L.

19:15 entrega de trofeo o vencedor do encontro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará