Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que trinta nenos e nenas quedan sen bolsas de comedor

comedores

Os nacionalistas aseguran que un terzo das familias solicitantes quedarán sen esta subvención malia ter dereito a ela ao esgotarse a partida de 40.000 euros destinados a esta axuda. Esixen ao goberno de Digna Rivas que se adopten medidas para atender esta necesidades e critican que “namentres Redondela gasta en alumeado de Nadal ao nivel de Pontevedra ou Lugo, dáselle as costas aos nosos veciños e veciñas nunha situación de crise social”.

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González asegura un terzo dos solicitantes con dereito a axudas de comedor escolar de servizos sociais quedarán excluídos. Unha situación que cualifican de “inaceptable por parte dun denominado goberno progresista” polo que esixen que se lles dea unha solución “de inmediato”.

Explican que segundo a resolución da alcaldía “unha trintena de nenos e nenas tanto de educación infantil como educación primaria, usuarias dos comedores escolares, van quedar sen axudas ao esgotarse a partida prevista”.

Unha situación que se agrava aínda máis no caso dos solicitantes de servizos sociais “se non somos quen de dar resposta ás necesidades plantexadas e recoñecidas para os nosos cativos e cativas e as súas familias, estase fracasando como goberno” afirma González.

Valoran negativamente a xestión do goberno de Digna Rivas nesta cuestión e reclaman que se lles dea unha solución aos afectados “existen fórmulas para poder solucionar unhas axudas que no seu cómputo global non chegarían aos 20.000€”.

Conclúe o voceiro do Bloque afirmando que o goberno de Digna Rivas “ten que elixir entre crear un modelo de concello de ciencia ficción ou un concello solidario que dea resposta ás verdadeiras necesidades que a veciñanza nos demanda” e que dende a súa formación van seguir presionando por tratarse dunha cuestión de xustiza social”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará