Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Soutomaior inclúen cine familiar na súa programación de Nadal

multiusos

A película Tadeo Jones 3 será proxectara ás 18:30 horas de hoxe martes no Multiúsos da Xunqueira. En Soutomaior o título elixido é “Os demos de barro”, que se poderá ver no mesmo horario no Multiúsos de Arcade.

A programación de Nadal do Concello de Redondela inclúe este ano a proxección de dúas películas de animación dirixidas ao público infantil e familiar. Hoxe martes poderase ver a película de aventuras “Tadeo Jones 3: La Tabla Esmeralda”. O mércores da vindeira semana, 3 de xaneiro proxectarase “Minions, el origen de Gru”.

A actividade, organizada pola concellería de Infancia, será no auditorio da Xunqueira ás 18.30 horas con entrada de balde.

O Nadal das persoas

Soutomaior ofrece hoxe no seu programa cultural de Nadal unha sesión de cine gratuíta dirixida tamén a público familiar coa proxección de “Os demos de barro”, ás 18.30 horas no Multiusos de Arcade. Película de animación portuguesa, dirixida por Nuno Beato, foi nominada no 2022 aos premios Goya como mellor película de animación.

Tamén hoxe ás 17:00 horas na Alameda de Talo Río haberá unha actividade lúdica de panxoliñas con acompañamento de pandeiretas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará