Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade de Riba engalánanse para celebrar un Nadal sostible e participativo

pozovello

A inciativa, que partiu dende a Asociación Pozovello hai cinco anos, ten medrado notablemente ao longo deste tempo. Se ao principio eran cinco ou seis veciños os que participaron na decoración do barrio pouco a pouco foron sumándose novas mans que con material reciclado e moita maña son quen de elaborar decoracións artesanais moi vistosas que se poden ver nos lugares de Pozovello, Sameán ou a Devesa.
A idea xurdiu hai cinco anos da Asociación de Veciños quen decidiron organizar un Nadal diferente co obxecto de unir aos veciños a través dunha actividade colaborativa e participativa fuxindo das grandes decoracións doutras vilas e cidades e recuperar tradicións que se están a perder. Un Nadal sostible que está a ser todo un atractivo e que permite percorrer os barrios de Pozovello, Sameán ou a Devesa e ir atopando nesta zona rural diferentes figuras elaboradas todas elas de xeito artesanal, tal e como nos explicaba o presidente da asociación, Daniel Álvarez Raña.

Novamente con madeira, piñas, palés, botellas, rodas… o traballo e o bo facer de toda a veciñanza consegue facer unha decoración artesanal que se vai colocando por leiras e camiños. Unha árbore de Nadal de dez metros, un carrusel, a casa do Apalpador, Beléns, un columpio iluminado, Papá Noel co seu trineo… a imaxinación dos veciños á hora de elaborar estas figuras non ten límite.

Unha decoración que convida a perderse pola parroquia e está a ser un atractivo non só para os veciños da zona senón tamen para aqueles que se animan a percorrer os camiños e gozar dun paseo cheo de sorpresas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará