Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Papanoleada moteira e Festival de Panxoliñas na véspera de Noiteboa

papanoleada

Fin de semana marcado pola celebración do Nadal con dúas citas propias da época. Na tarde do sábado os afeccionados ás motos teñen unha cita convocada polo Motoclub de Redondela. Vestidos de Papa Noel percorrerán as parroquias tras xuntarse ás 17:00 horas na explanada de Aqualia. As seis da tarde as panxoliñas encherán o Multiúsos cun Festival organizado polo Concello e que contará coa participación de seis corais polifónicas.


Papanoleada moteira en Redondela
O Motoclub de Redondela organiza o vindeiro sábado 23 unha nova edición da Papanoleada moteira e animan a todos os afeccionados a este vehículo a participar vestidos de Papanoel. As persoas participantes reuniranse ás 17:00 horas en Aqualia e media hora despois está prevista a saída da ruta que percorrerá varias parroquias do Concello e rematará sobre as 18:30 ha Praza da Constitución. Servirase chocolate quente de balde apra todos os asistentes e como mandan as datas haberá tirada de caramelos. A organización recollerá doazóns voluntarias de todos aqueles que queiran colaborar e que serán repartidas entre as ONG Da Man, Cáritas e Asociación Contra o Cáncer.

Festival de panxoliñas no Multiúsos
O Auditorio da Xunqueira encherase de espírito de Nadal co Festival de Panxoliñas organizado no marco da Programación do concello. O evento, totalmente de balde, reúne ás asociacións de corais polifónicas do municipio. Comeza ás 18:00 horas da tarde e está dirixido a todos os públicos.
Subiranse ao escenario a coral Ondas do Mar de Vigo, a coral o Piñeiral de Chapela, a coral A Raíña de Cedeira, a agrupación da Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, a coral San Estevo e a coral Frol Nova do Círculo Cultural de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará