Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Gael Couñago establece un novo récord de Galicia en salto de altura sub 16 con 1,86 metros

gael

FOTO: Fotocarlosgrafias

O atleta da Asociación Deportiva CAR bateu a marca que estaba vixente dende o 25 de xaneiro de 1975 e consegue ademais a súa mellor marca persoal.

O redondelán estableceu este sábado en Ourense, cun rexistro de 1,86 metros, un novo récord galego no salto de altura sub 16 ao imporse nas probas de Control de marcas de inverno organizado pola Asociación Deportiva CAR e a Federación Galega de atletismo na Fundación Expourense.

Unhas probas que deixaron ademais outros tres récords galegos. Así, a deportista do club de Beade Fernada Phoebe Mateo bateu o récord galego sub10 en salto de lonxitude (3’86) eo seu compañeiro no mesmo club Xoel Franco García logrou superar a marca existente na categoría sub 14 de 500 metros tras percorrer medio kilómetros en 1:13.39 minutos.

Por outra banda Mateo Regojo Justo do club Atletismo Rías Baixas bateu o record galego sub14 en salto de lonxitude con 5’75 metros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará