Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS despide o ano cunha cómoda vitoria ante o Cidade de As Burgas

pazosfs

Pazos de Borbén 10-1 Cidade As Burgas

O equipo de Pazos despediu o ano cunha importante e avultada vitoria. 10-1 ante o Cidade as Burgas. Tres puntos importantísimos para arrancar as vacacións de Nadal preto dos postos de play off. Situados na sétima posición da Terceira División, o equipo da Sociedade deportiva Pazos retomará a competición o 14 de xaneiro cun partido fóra da casa, visitarán ao Insuas MIño Rábade FS, decimoterceiros do grupo.

Marín Futsal 4-2 Redondela FS

Na Preferente os de Redondela xogaban no campo do líder e nada puideron facer por imporse a un dos equipos máis fortes da categoría. A volta das vacacións a primeira das citas será co derbi. Xogarán en Redondela contra o Campito. Dous equipos que pasan por situacións moi diferentes, os de Rolan situados na oitava posición e o Campito como pechacancelas da categoría

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará