Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As prazas de abastos sortean 8 cestas de Nadal

nadal sorteo prazas

Os clientes que fagan as súas compras nas prazas de abastos ata o 21 de decembro participarán no sorteo de 8 cestas de Nadal valoradas nun total de 400 euros. Os sorteos presenciais faranse o día 22 de decembro e o sorteo online terá lugar o día 21. A iniciativa parte do Concello en colaboración coa asociación de empresarios co obxecto de promover as compras nestes mercados de proximidade.

Nas prazas xa están instaladas as unhas urnas para depositar os vales, e entre todos os recollidos sortearanse 4 cestas no mercado de Redondela e 2 no mercado de Chapela. As dúas cestas restantes sortearanse “en liña” na web www.empresasredondela.gal.

Para participar tan só hai que cubrir os datos persoais para poder rexistrar todos os tíckets de compra que desexe. O concelleiro de Consumo e Comercio, Antonio Cabaleiro, sinala que deste xeito queren “promover as compras nas prazas de Redondela e Chapela nestas festas de Nadal”. Por outra banda o responsable dos Mercados Municipais, Pedro Villaverde explica que é un xeito de “premiar á veciñanza que confía nestes establecementos, que ofrecen produtos frescos de gran calidade”.

Por parte da Asociación de Empresarios destacan que por primeira vez faise confluír nunha mesma campaña a participación online e física, de modo que os cliente polas compras nas prazas recibirán as papeletas para participar que poderán depositar nas tradicionais urnas ou ben poderase participar de forma dixital rexistrando o tícket de compra na nova plataforma de concursos e sorteos da Asociación de Empresarios de Redondela. O portal estréase este Nadal cos sorteos das Cestas de Nadal e os 3.000€ en Vales de Compra no que participan máis de 60 establecementos entre os que tamén se atopan os praceiros e praceiras ademais de todo o comercio de Redondela e Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará