Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Hai canteira: Pablo, Iago e Lucas do Redondela FS campións galegos coa selección de Vigo benxamín

fs canteira recortada

Foto: FS Redondela

Os responsables do Redondela FS amosan o seu orgullo polos éxitos acadados polos máis pequenos do club durante esta semana na que varios dos seus xogadores participaron coa Selección de Vigo no Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

O día seis participaron na Fase Previa celebrada en Marín clasificándose todos eles para a Fase final celebrada onte en Narón. Lucas, Pablo e Iago disputaron a fase final Benxamín contra a selección de Santiago facéndose coa vitoria cun contundente 5-0, con 2 goles de Pablo e 1 gol de Lucas. Os tres xogadores, salientan dende o Club “participaron de forma activa durante todo o torneo sendo pezas clave dentro do grupo”.

Papel tamén salientable para Martín que logrou chegar ás semifinais coa selección de Vigo Infantil,  perdendo esta semifinal contra Ferrol por un axustado 3-2. Martín é xa un habitual destas competicións e unha vez máis amosou o seu compromiso e calidade dentro e fora da pista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará