Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG traslada ao Pleno o seu malestar co goberno e vota en contra do regulamento do voluntariado

pleno novembro

A ordenanza defendida pola concelleira de participación e persoas maiores, Pilar Martínez, saíu adiante ao contar co apoio de PSOE, AER e PP pero deu lugar a un debate que xirou en torno a outras cuestións que nada tiñan que ver con este regulamento.

Un pleno con máis público do habitual, que se desprazou ata o Multiusos do Xunqueira co gallo da presentación dun rogo da Asociación Cultural e social de Chapela que demandan que se amplíen as súas instalacións para poder así atender a elevada demanda de usuarios e usuarias que desenvolven as actividades que a día de hoxe se imparten nos baixos do pavillón da parroquia.

Un público que asistiu a un pleno bronco que chegou a sacar de quicio a concelleira Pilar Martínez que foi a encargada de abrir o debate presentando o regulamento de voluntariado que segundo explicou “busca facilitar á cidadanía a participación promovendo unha acción voluntaria que se poida desenvolver no concello como complementaria a que xa ven desenvolvendo o tecido social”. A edil aproveitou para salientar a importancia de poñer en marcha unha normativa “que todos os grupos políticos estaban a demandar” e coa confianza de que serva para vertebrar en maior medida unha sociedade que conta xa con numerosas asociacións e colectivos traballando en diferentes eidos.

Pilar Martínez, PSOE

Con todo, o debate pouco xirou en torno ao regulamento. O voceiro do BNG Xoán Carlos González aproveitou a súa intervención para acusar ao goberno de “estar ninguneando aos representantes do BNG” por non terlles consultado nin este nin outros asuntos lembrándolles que “están nunha minoría moi minoritaria, con tan só 7+1” e insistindo en que “os nosos votos son tres e son fundamentais, chegados a esta altura ou hai unha volta deste equipo de goberno ou que non contes con nós”.

Xoán Carlos González, BNG

Unha afirmación que escenificaron á hora de votar, xa que os edís do BNG optaron por votar en contra deste regulamento que si saiu adiante ao contar co apoio do PP. Uns populares que malia todo durante o debate tamén se amosaron moi belixerantes co PSOE. David Muíños

David Muiños, PP

Dende AER lamentaba o edil Roberto Villar o posicionamento do BNG por entender que ían recorrer a chantaxe votando en contra dun “tema que veñen demandado os veciños dende hai anos”.

Roberto Villar, AER

Unha indignada Pilar Martínez lamentaba o debate xurdido nun asunto que debería terse centrado no tema do voluntariado como fórmula para que todos e todas colaboremos e para recuperar unha Redondela que ten unha historia de participación que se foi perdendo nos últimos tempos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará