Hoxe é Domingo 12 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lucía Pereda: “Con tan só 8 anos, nenos e nenas xa teñen acceso a contidos pornográficos”

Charla IES 1

A educadora e axente de igualdade Lucía Pereda, imparte este venres no Multiúsos ás 19:00 horas unha charla orientada a pais, nais e familias que estean no proceso de educar adolescentes. Unha actividade enmarcada dentro da programación do 25N do Concello de Redondela na que se falará de afectividade, sexualidade e pornografía. Analizaranse tamén os datos recollidos nas sesións previas desenvolvidas cos estudantes dos institutos.

Enlaces non buscados que conducen a vídeos pornográficos, chaps de whatsapp con porno que agregan a menores sen permiso, accesos a contidos sexuais nalgúns casos con imaxes extremadamente agresivas, esa é a realidade á que se enfrontan nenos e nenas dunha “xeración pornonativa” que non conta coas ferramentas necesarias para ver e analizar esas imaxes cunha mirada crítica.

Así o explica a educadora e axente de igualdade, Lucía Pereda quen fai un chamamento claro a pais e nais “debemos comezar a falar de pornografía cos nosos fillos e as nosas fillas en canto teñan acceso a internet”. Con todo, é unha situación relativamente nova que xurde co acceso xeneralizado da poboación a Internet e principalmente coa democratización dos móbiles. Isto tradúcese en que nenos e nenas de moi corta idade estean a recibir a través das pantallas esas  imaxes pornográficas. “O seu primeiro contacto co porno xira en torno aos 8 anos a través de enlaces non buscados. E aínda máis alarmante é o feito de que o consumo regular do porno sitúase nos 12 anos nos nenos e nos 14 anos nas nenas”. Unha situación moi preocupante, engade Pereda,  xa que se trata de poboación que non recibiu educación efectivo sexual e cuxo primeiro contacto co sexo é a pornografía que “non é máis que violencia sexual filmada”.

Lucia Pereda explica tamén que nas charlas interactivas desenvolvidas na pasada semana con preto de 700 alumnos e alumnas dos institutos de Redondela atopáronse co feito de que en xeral si hai unha sensibilidade en torno a temas como a igualdade ou a violencia de xénero. Con todo, engade que se detectou tamén que “hai unha minoría pero moi activa que se suma a esa tendencia negacionista que nega a existencia da violencia machista”.

Na cita do venres ás 19.00 horas no auditorio da Xunqueira ademais de analizar os datos facilitados polos propios adolescentes ofreceráselle ás familias ferramentas para mellorar a comunicación e poder falar abertamente cos  menores sobre sexualidade e pornografía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará