Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno bronco en Redondela que acaba cos concelleiros do BNG abandonando a sesión

pleno marchar boa

O pleno vivido onte no Multiúsos da Xunqueira foi tenso dende o seu inicio ata o remate, cando no transcurso do debate dunha moción presentada polos nacionalistas na que demandaban a construción dunha escola infantil en Chapela, produciuse un rifi rafe entre a alcaldesa Digna Rivas e o voceiro do bloque, Xoán Carlos González, que acabou cos edís do BNG levantándose dos seus asentos e abandonando o auditorio.

Rifi rafe entre a alcaldesa Digna irvas e o edil nacionalistas Xoán Carlos González

A moción quedou enriba da mesa logo de que así o propuxese o secretario da corporación por entender que ao abandonar o pleno o grupo que presentou dita moción non tiña sentido continuar nin co debate nin tampouco votala.

Previamente escoitáranse os argumentos dos diferentes grupos políticos sobre a necesidades de que esta escola infantil, longamente demandada e incluso prometida polos diferentes partidos políticos en campaña electoral, se chegase a materializar. De feito, o acordo da moción que non chegou a votarse propoñía instar a Consellería de Política Social que se incluíse nos orzamentos do ano 2024 unha partida económica para a construción dunha escola infantil de 0-3 anos na finca da Xinaria en Chapela cunha dotación de non menos de 40 prazas educativas.

O BNG traslada ao Pleno o seu malestar co goberno

Unha tensión que xa se vivira nada máis arrancar o pleno co debate do novo regulamento do voluntariado. A ordenanza defendida pola concelleira de participación e persoas maiores, Pilar Martínez, saíu adiante ao contar co apoio de POSE, AER e PP pero deu lugar a un longo enfrontamento entre os diferentes partidos da corporación que xirou en torno a outras cuestións que nada tiñan que ver con este regulamento.

Así, o voceiro do BNG aproveitou a súa intervención para acusar ao goberno de “estar ninguneando aos representantes nacionalistas” por non terlles consultado nin este nin outros asuntos lembrándolles que “están nunha minoría moi minoritaria, con tan só 7+1” e insistindo en que “os nosos votos son tres e son fundamentais, chegados a esta altura ou hai unha volta deste equipo de goberno ou que non conten con nós”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará