Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tanxarina conmemora o seu 40 aniversario cunha exposición que percorre a súa historia

tanxarina

Foto: Fon Conde

Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giraldez son os tres integrantes desta compañía fundada no ano 1983 aos que se lles suma detrás do escenario Carmen Borines. Ao longo de 40 anos teñen compatibilizado o seu traballo de titiriteiros con outras actividades artísticas pero sempre “priorizando Tanxarina”. Despiden este aniversario tan especial cunha mostra que se inaugura este mércores ás 19:00 horas e que se poderá visitar ata o vindeiro 6 de xaneiro no Multiusos.

Unha exposición que recolle pezas pequenas, teatriños, escenografía de maior tamaño como a cova dos trogloditas e outros elementos que permitirán ao visitante achegarse a escenografía e a estética que acompañou a estes titiriteiros ao longo destas catro décadas de historia “títeres de luva, vara, marionetas de fío… unha enorme variedade adaptada ao espazo do Muliúsos que busca repasar a nosa traxectoria nos escenarios” explica Miguel Borines.

Unha celebración que arrancou no inicio deste 2023 cun ciclo no que recuperaron as súas obras clásicas e que rematará o 22 de decembro coa representación tamén no Multiúsos do seu ultimo espectáculo “A cazola de Lola”.

Con todo, os que o desexen poderán viaxar a través dos seus espectáculos achegándose a esta exposición e coñecer así a evolución da súa estética e achegar a toda esa escenografía que acompañou a este formación que se ten convertido nunha das máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres, tanto dentro como fora de Galicia.

Cunha longa traxectoria centrada principalmente na produción e distribución de espectáculos dirixidos a público familiar lembran que ao longo destes 40 anos viviron todo tipo de situación “desde momentos gloriosos onde non deixaban de chamarnos para actuar ata momentos duros como a pandemia ou crises de contratación que logramos superar grazas a que somos como unha familia e apoiándonos nos traballos que realizamos no mundo do audiovisual”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará