Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os arquitectos premian a humanización da Praza da Fonte do Mouro e Rúa Picota como unha das mellores obras do sur de Galicia

fonte

O obxecto dos premios “Gran de Area de aportación arquitectónica” é destacar o valor da obra así como a posta en valor do entorno. O xurado desta edición salientou o traballo realizado pola arquitecta María Fandiño Igrexas na humanización da praza da Fonte do Mouro e a Rúa Picota en Redondela.

Estes premios son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia nas provincias de Pontevedra e Ourense, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores e construtores nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra. Nesta edición 2023 o xurado premiou un total de 13 candidaturas entre as 71 presentadas. Hai un total de catro proxectos galardoados en Vigo, un en Pontevedra e tamén nos concellos de Gondomar, Tui, Allariz, Sanxenxo, San Andrés de Camporredondo, San Xurxo de Sacos e Celanova.

No caso de Redondela o xurado recoñece o traballo realizado pola arquitecta María Fandiño na rehabilitación da Praza da Fonte do Mouro e na Rúa Picota premiándose a “urbanización e recuperación dun espazo público modelando a topografía e xestionando as augas pluviais, tamén o deseño, o coidado nos encontros co edificado, o uso da ecoloxía e a sustentabilidade como criterios reitores da proposta. O resultado segundo salientan é “un xardín público, un espazo de espazos que crea pequenas prazas accesibles resolvendo a topografía,

Esta actuación, rematada a principios deste ano, supuxo un investimento de 850.000 euros dos que a Deputación achegou 636.940 € e o Concello 212.313€, e perseguía transformar este espazo na zona da Picota ao integrar no seu trazado as prazas de Fonte do Mouro e da Capela de Santa Mariña, co fin de crear unha zona continua, segura e accesible, atendendo ademais que se trata dunha das rúas máis transitadas da vila ao formar parte do Camiño de Santiago e que diariamente é empregada por ducias de peregrinos así como polos propios residentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará