Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O antropólogo Rafael Quintía ofrece unha charla sobre as tradicións e as crenzas vencelladas coa morte en Galicia

rafael quintía

A Casa da Cultura acolle este xoves 30 ás 19:30 a charla “Ciclo de defuntos. Tradicións, ritos e crenzas” organizada polo colectivo Alén Nós. Unha conferencia na que Rafael Quintía falará dalgúns do ritos vinculados coa morte que existen en Galicia como o magosto entendido como banquete funerario, a tradición de ir pedir polas casas coñecida como “rito de cuestación” ou a lenda da Santa Compaña.

A morte forma parte da nosa cultura e desa particular relación que galegos e galegas temos con ela falarase nesta charla que servirá tamén para analizar os cambios que se teñen dado neste aspecto na sociedade actual. En todo caso, insiste o antropólogo Rafael Quintía que as antigas tradicións seguen moi presentes na actualidade “a xente sigue tendo experiencias de interacción co mundo dos mortos hoxe en día, relatos da presenza dun ánima, presaxios de morte… a tradicional Santa Compaña segue máis viva do que cremos incluso en ámbitos urbanos”.

Neste sentido apunta que cando aborda este tema nas súas clases de antropoloxía e patrimonio inmaterial na Universidade ao redor do 80% do alumnado relata experiencias directas ou indirectas que falan deste asunto o que denota a súa pervivencia na nosa cultura.

Respecto da “invasión” que sufrimos por parte de festas importadas, nomeadamente o Halloween, entende Quintía que é froito da falta de coñecemento e de valorización do propio o que nos leva a adoptar produtos culturais alleos cando na nosa tradición e na nosa cultura hai ritos previos e moito máis interesantes “xa que teñen un peso e un significado simbólico máis aló do propio divertimento”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará