Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo por ameazar a outro cunha escopeta no centro de Redondela

policia

Os feitos tiveron lugar á unha e media da madrugada do pasado venres cando o detido acudiu armado cunha escopeta modificada a unha vivenda da rúa Prata. Unha vez no lugar encarouse cos residentes esixíndolles información sobre unha terceira persoa. O mozo foi detido acusado dun delito de ameazas graves e tenza ilícita de armas.

Axentes da Policía Local e policía Nacional procederon ma madrugda do pasado venres a deter un mozo veciño de Redondela que se presentou na rúa Prata proferindo berros e armado cunha escopeta de aire comprimido pero modificada para disparar munición real así como un cóitelo.

Os feitos iniciáronse ao redor da unha e media da madrugada cando o mozo, de algo máis de vinte anos de idade, trasladouse a esta céntrica rúa do casco urbano, encarándose a outro preguntándolle por unha terceira persoa, supostamente a súa parella.  Ao non atender as súas demandas o varón marchou para regresar ao redor das tres da mañá sendo nesta ocasión interceptado polos axentes que foran alertados polos veciños da zona.

Unha vez entrevistadas as partes, procedeuse a detención deste varón quen tamén portaba un coitelo así como outros dous dentro do seu vehículo no que se interviu tamén un machete.

Condución temeraria

Por outra banda, na madrugada do domingo os axentes procederon a sancionar un condutor veciño de Redondela por unha condución temeraria tras sorprendelo na rúa José Regojo ao redor das oito da mañá facendo trompos e derrapes. Foron varias as chamadas que alertaron dos feitos e hai ademais un vídeo no que se observan estes feitos.

Explican os axentes que a condución temeraria atópase recollida na Lei de seguridade viaria 6/2015 do 30 de outubro, cunha sanción de 500€ e 6 puntos do permiso de conducir, cando non sexa considerada delito.

Na mesma noite foi sancionado un condutor por arroxar un resultado positivo nas probas de alcoholemia nun dispositivo conxunto coa Policía Nacional na parroquia de Chapela, e sería sancionado outro condutor que intentou eludir un dispositivo que se establecera en Vilar de Infesta, onde tamén foron alertados ambos corpos de seguridade por unha liorta multitudinaria na festa que se celebraba nesa mesma parroquia, sen que finalmente fora precisa a intervención dos axentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará