Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Problemas de tráfico na Avenida Mendiño por obras na rúa

Av. Mendiño obras

A actuación que se vai levar a cabo na Avenida Mendiño e que arranca neste mesmo martes provocará molestias na circulación por esta vía de acceso aos colexios, pavillóns e centro de saúde. As obras consistirán na separación das augas fecais e pluviais e prolongaranse durante tres días o que obrigará “a facer un estreitamento da estrada”.

O concelleiro de infraestruturas, Roberto Villar, explica que a actuación terá lugar a altura do Bar Rivas e consistirá en proceder á separación das augas fecais e pluviais co obxecto de evitar asulagamentos que afectan a varias vivendas da Avenida de Santa Mariña.  Os traballon prolongaranse durante “dous ou tres días.

O edil é consciente de que “estas obras van provocar molestias no tráfico para a entrada e saída dos colexios e institutos, pero é moi necesaria e urxente xa que hai vivendas que se alagan coas chuvias intensas. Os traballos faranse en horario de mañá e tarde para rematar canto antes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará