Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sabina e Pablo, un ano de éxitos como dúo de patinaxe artístico

WhatsApp Image 2023-11-14 at 09.37.02

Sabina Gómez e Pablo Mendoza cumpren un ano como parella artística no mundo da danza sobre patíns. A pesar do curto tempo adestrando xuntos no CPA de Arealonga xa acumulan dous premios a nivel nacional e internacional. Acaban de proclamarse campións de Europa na categoría infantil artística por parellas durante a Copa de Europa de Danza celebrada en Púa (Croacia) a comezos de novembro e este verán recollían o título de Campións de España na competición celebrada en Tarragona.

Despois de gañar a competición estatal tiveron só dous meses para preparar a coreografía e adaptala ao nivel que esixe un campionato europeo. Cambiaron os exercicios técnicos para aumentar a dificultade, algo que supuxo maior intensidade nos adestramentos.

Nerea Estévez, adestradora do dúo, explica que o máis complicado é reservar horarios nas pistas dispoñibles no municipio, porque os de Chapela precisan un espazo baleiro para ensaiar sen perigo e realmente conseguir simular unha proba real. A técnica reclama unha solución á administración local pola falta de infraestruturas, sobre todo en Chapela onde precisan de novos e mellores espazos para continuar crecendo.

Semella que o mellor de europa o temos no eixo norte do atlántico, xa que o tándem do Arealonga Chapela tivo como rival final ao dúo do Alexmar cántabro ao que gañaron por 3 puntos. Este é o segundo encontro entre ambos clubes, tamén coincidiron na final estatal  cun resultado similar. Dende o círculo e corpo técnico expresan a súa satisfacción e sinalan que o triunfo foi “un orgullo, pero tamén unha gran sorpresa” e resaltan as ganas e a paixón que poñen Sabina e Pablo por este deporte.

A parella está formada por un infantil e unha alevín, categorías inferiores que veñen con moita forza. Para poder competir a nivel mundial teñen que chegar a “junior”, polo que aínda lles queda 4 anos por diante para prepararse.

Este nadal o CPA Arealonga Chapela celebra unha exhibición aberta ao público onde poderemos ver a coreografía de todos e todas as deportistas do club e tamén a rutina de Sabina e Pablo que lles axudou a conseguir todos estes logros nun ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará