Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos en Valencia

sar rodavigo

Foto: Patri Rivas

A SAR Rodavigo xogaron este sábado en Palencia onde se enfrontaron e empataron co Fuentes Carrionas.
Fuentes Carrionas 32- 32- SAR Rodavigo

Unha primeira parte marcada pola alternancia no marcador dos dous equipos chegándose ao descanso cun axustado 17-18 a favor da SAR. Con todo, nada máis arrancar a segunda parte as de Palencia igualaron o contador e o partido continuou cun man a man entre os dous equipos agás en torno ao minuto 50 cando as locais lograron unha vantaxa de 31-26 qu complicaba as cousas para as de Vero Posadas. As xogadoras da SAR sacaron forzas e lograron recortar a distancia. Os minutos finais do partido foron moi intensos e malia que o equipo redondelán tivo que xogar en inferioridade numérica non permitiron que as locais se colocaran por diante, chegándose ao final co definitvo 32-32.
Situadas na sexta praza da División de Honra prata feminina, na próxima xornada reciben na bomboneira un rival directo, o Balonmán Salud Tenerife, situadas tan só un posto por baixo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará