Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PazosFS dobrega ao Cidade de Narón

pazosfs

Os de Matilla lograron unha importante vitoria na terceira División ante o Cidade de Narón por 1-3 nun igualadísimo partido que se decidiu a favor dos de Pazos tras remontar o gol inicial naronés e chegar ao descanso con vantaxe sobre os rivais.

Cidade de Narón 1-3 Pazos FS

Na segunda metade o partido mantívose moi igualado con ocasións para os dous lados, chegándose aos últimos 5 minutos cun gol de diferencia. Os locais apostaron polo xogo de cinco e a tan só segundos do remate do encontró o Pazos marcaba o 1-3 definitivo .

Unha vitoria que inxecta confianza no equipo de cara a complicada cita da vindeira fin de semana, cando reciben ao líder líder invicto da categoría , o filial do Noia Portus Apostoli FS

Preferente

Poio pescamar 8-5 Campito FS

Suspendeuse o partido que ía disputar o Redondela no campo do Escola Futsal Morrazo. Non así o do Campito que caía ante o Poio Pescamar por 8-5. O equipo non logra afastarse do último posto da categoría, tentará lograr un resultado positivo no partido que na vindeira semana xogan na casa e reciben ao Beiramar Vincios Gondomar.

O Redondela pola súa banda xoga na casa, e recibe ao FS As Neves.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará